Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2019

Armonía do silencio

Imaxe
Ilustración: Florian Nicolle Tantos xeitos de ser. Pechar as bocas, deixar de asubiar o vento, apousar o ronco bater as augas, de xeito consciente ou inconsciente, ficar in albis. Sería? Falarían outras, asubiarían os paxaros, marmurarían as ondas, viría a noite cos soños indómitos... Permanente ruído e, nel, o son que agarda ser o noso silencio escollido. Atopalo: Raer nas pedras e nas raigañas, descostrar os seus berros perdidos. Sons flotantes á deriva nas cordas nodulantes da brisa que afoga nos mares das desidias. Afinar o ouvido. Pulir os matices sonoros e deixalos vibrar ao aire, ceibes e claros, nunha escolla propia das voces silentes. Deixar de ser consecuencia e construírmonos, coas armonías que agocha o permanente ruído. Sendo, gardiáns do silencio do tempo, non valemos o que calamos.

A casa das areas

Imaxe
Ilustración: Christina Mrozik Microscópicamente esporeada coma [se]milleiros de agullas a loitar para se afacer cun nano espazo da derme. Acupuntura de microplastos sobre este espido magno. Humidificar cos bafos das mareas para prender nelas: Tensionar, intensificar, na temporalidade punzante de horas mortas, correntes, alternas... Ser produto mais non venda. Desentumecer o sentir das partes e,en conxunto, adormecer nas beiras. Soñar esperta e espertar con ela no espido magno, ao abeiro da casa das areas.

Onde nacen os contos

Imaxe
Ilustración: Philip Kirk Todo o mundo sabe que os contos primeiros escóitanse no colo pero, onde nacen...Onde nacen pode ser cousa de maxia ou mesmo un misterio. Nun lugar calqueira, ben podería ser o noso, hai un ceo aberto que arroupa un souto, que abraza unha aldea, que acolle unha casa que leva da man unha horta que acariña á terra que peitea un vento... Co vento bailan os paxaros, tamén voan, pero o que máis lles presta é bailar. Baila o Tragabágoas, coa plumaxe da cor dos ríos e o peteiro de branco fino, e , baila o Sacarrisos, coas plumas da cor dos marmelos e o peteiro da cor dos figos. Bailan tanto e tan ben que, cando queren coller folgos, achéganse ao souto, a aldea, ás casas... Procurando algo de xantar ou de beber. O Tragabágoas bebe das augas das fontes, esas que escoitan os falares da xente. Son augas moi sabias pois todas as palabras que oen acaban correndo nelas. O Sacarrisos gosta de repicar as faragullas dos xantares, esas que apousan alí onde houbo

Viaje al centro de la lluvia

Imaxe
Ilustración: Dzivot Skaistak Es fácil, sólo consiste en echar a andar bajo el techo del cielo y escoger la nube que más nos apetezca. Bueno, también es importante que a la nube le caigamos en gracia porque las nubes, aunque nos parezcan simples y lejanas, también tienen sus gustos y no os creáis que es Hala! Aquí me planto y aquí me elevan!  Todo viaje tiene sus trucos y preparativos y el viaje al centro de la lluvia los requiere también. Escoger un día plomizo. Uno de esos que parecen que pesan como si llevases sacos de piedra a cuestas. Y caminar. En la calle, en la playa, en el campo, en la montaña...O quizás hasta el remanso de un río y sentarte en su ribera viendo desfilar a las nubes en su reflejo sin que ellas te vean. Y no te verán, porque desde el cielo creerán que eres una de ellas, una más...Y entonces, cuando la veas pasar, justo a esa, alargarás tu mano hasta el agua casi rozándola mientras tus ojos descansan cerrados en esa imágen escogida, y si, ciertamente, le ha
Imaxe
Oso pardo, oso pardo, onde está a paz? Na coviña morna que convida a soñar. Paxaro vermello, paxaro vermello, onde está a paz? Nos anacos de ceo nos que boto a voar. Parrulo amarelo, parrulo amarelo, onde está a paz? Nos ríos xoldreiros que viaxan ao mar. Cabalo azul, cabalo azul, onde está a paz? Nas chairas de herba nas que gosto trotar. Rá verde, rá verde, onde está a paz? Nas pozas de orballos que me fan brincar. Gato morado, gato morado, onde está a paz? Nas raiolas de sol que me quecen o lombo, Can branco, can branco, onde está a paz? No cheiro das brisas novas que ando a uliscar. Ovella negra, ovella negra, onde está a paz? Ao abrigo das apertas tecidas de lá. Peixe laranxa, peixe laranxa, onde está a paz? Nos cardumes que bailan coas ondas do mar. Na coviña morna, nos anacos de ceo, nas chairas de herba, nos ríos xoldreiros, nas pozas de orballo, nas raiolas de sol, no cheiro das brisas, ao abrigo das apertas, nos cardumes que bailan n

Pés de lama

Imaxe
Onte descubríronme outro tesouro máis da nosa fala e que por máis que busco nas redes dixitais ou na RAG non atopo nada que faga referencia a esta viraxe da lingua que me ten enfeitizada. Moito nos queda por atesourar nas vivencias, na mesma contorna, nos miolos ou mesmo na nube inmensa da tecnoloxía para que, dalgún xeito, non nos perdamos nós tamén. Houbo, algún queda, camiños feitos de durezas. de fame, suor, e ansias da terra. Coma vasos sanguíneos que a percorren, os pasos nosos neles latexan construindo o sistema circulatorio da nosa esencia. Entre valados cubertos de musgo sobre a pedra seca, artellando, desfigurando, para figurar nunha simbiose perfecta. Cada pegada leva unha historia. Cada historia un camiño. Cada camiño unha "vella morta" na que afundirnos... Na que loitar nos adentros ate perder os zapatos na lama e botar a andar de novo. O camiño. Unha vez máis. Sen solas. A soas. Pel a pel cos sentidos. Grabar as súas c