Armonía do silencio
![]() |
| Ilustración: Florian Nicolle |
Tantos xeitos de ser.
Pechar as bocas,
deixar de asubiar o vento,
apousar o ronco bater as augas,
de xeito consciente ou inconsciente,
ficar in albis.
Sería?
Falarían outras,
asubiarían os paxaros,
marmurarían as ondas,
viría a noite cos soños indómitos...
Permanente ruído e,
nel,
o son que agarda ser o noso silencio escollido.
Atopalo:
Raer nas pedras e nas raigañas,
descostrar os seus berros perdidos.
Sons flotantes á deriva nas cordas nodulantes da brisa que afoga nos mares das desidias.
Afinar o ouvido.
Pulir os matices sonoros e deixalos vibrar ao aire,
ceibes e claros,
nunha escolla propia das voces silentes.
Deixar de ser consecuencia
e construírmonos,
coas armonías que agocha
o permanente ruído.
Sendo,
gardiáns do silencio do tempo,
non valemos o que calamos.

Comentarios
Publicar un comentario