Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2019

Camiño de seixo branco

Imaxe
Imaxe: Camiño de seixo branco na punta de vendaval da Praia de Soesto, indo cara o Carreiro dos vellos (pendente de ollada) Atopar un misterio non é cousa complicada, máis ben hai feixes deles en cada ollada, e iso é o que de verdade resulta máis custoso, tomar parte consciente do noso mirar. Virar a vista, pestanexar como se as pálpebras foran o voleteo inquedo dunhas ás e enfocar, encadrar  e  perforar co bisturí da ollada a imaxe, coma querendo operar nos seus adentros, remexendo nas vísceras do misterio e retomar o voo cos seus segredos ou o pracer de imaxinalos: "Era un brillo, puro e aventureiro. No principio dos días radio xemelgo dos outros. Luz de Orto. Tripulante das ondas. Remolón e xoldreiro, do Ocaso o derradeiro raio. Era brillo tamén na escuridade da noite, pois no seu insomnio perpétuo deixábase ver en longos paseos coma un lunático errante, debuxando soños e ansias de viaxe. No principio dos días, a finais do 28 non atopou onde errar e debuxou un

Encaixes de mar

Imaxe
Imaxe: Encaixes de mar entre Traba e Soesto- Laxe Ondas vestidas de mar nos embates da inmortalidade escumosa e fráxil... Así as horas palillan tempos de puntillas ataviados con filigranas de sal sobre almofadas pétreas. Nun baile de encaixes finos moven seus fíos na ribeira. Visten o mar as meniñas, e a alma enteira.

El mar de las palabras

Imaxe
Hay palabras dulces, amargas, hay palabras alegres y otras que encogen el alma. Hay palabras que saben a poco y, otras que se indigestan con solo intentar inflarlas en la garganta...Pero hay un tipo de palabras que consiguen equilibrio, que calman, que transportan e incluso viajas con ellas entre semana. Esas palabras no se pronuncian, vete tú a saber si podrían perder su magia...¡Y lo necesarias que son cuando ni tiempo ni ahorros tienes para hacer reserva de vacaciones! Lo malo es que no están a tu libre disposición. Aparecen cuando menos te lo esperas. Flotan en algún rincón, siempre alerta. Las podrías buscar en el diccionario, pero ya te aseguro que de abracadabra nada de nada. Ellas saben cuando es el momento. Son palabras tan sabias y llenas que sólo ellas pueden adivinar el contexto. Y llegan así, de pronto, sin previo aviso para seguir enriqueciéndose a costa de vaciarte por dentro , de exprimir todos tus sentidos y envolverte en un remolino de emociones desordenadas en

O barco, o ceo e o mar.

Sempre digo aos meus achegados que a mellor estancia da miña casa é a que teño da xanela para afora. Ese cuarto aberto ao mar e ao ceo no que me recreo e no que tantas veces apouso a mirada.  Hoxe tocou sentar a vista no dique para ser testemuña dun dos intres mais emocionantes que teño observado e do que grabei 3 minutos. Parece moito e non é nada e o é todo. Moito para quen non ve nese tempo todas as ansias, ilusións, esforzo, dedicación, nervos... Nada en comparación cos meses previos de traballo e os anos que lle agardan del. Todo, porque neses 3 minutos as miradas de toda a xente que arroupa a botadura apousan no mar, nese líquido salitroso que unha vez máis recollerá o froito da terra nas súas augas. Coma un parto á inversa. Iso é. Tres minutos nos que se contraen as respiracións e o pulso acelera. Tres minutos onde o ceo se viste de festa cos palenques e os chíos das gaivotas dan a benvida ao seu novo guía. O ceo, o barco e o mar. Podería ser o título dunh

Ser

Imaxe
Ser, incompleto, sen as completas certezas do que nos vén dado. Da Terra nado, do Mar ancorado. Ser. Caprichos de auga e terra debuxando na pel seus marcos. Na forza das bravías ondas a flote. Enraigado, nos regos secos e desgatados. Ser, a completa certeza de que non somos máis parcela que a que nos delimitan os nosos pasos e derrubar fronteiras, na incertidume diaria do tempo e o estado. Adxuntos aparelladores do propio catastro.