A mar das illas

Imaxe: Espiral na Casa das Areas, Laxe.




A mar das illas emerxe das entrañas.

O Google Maps non é guieiro.

Sobrepigmenta en pequenos trazos de terra firme, enchendo a Galería de imaxes.
Nunha carpeta segura.
Non compartida.

Na inmunidade perpétua non hai bandexas de lixo, nin se precisan curas.

Resistencia.

Ben sei da terra virxe que protexo e o océano infinito que a baña.

Eu son o único fenómeno que as atorde,
en desaxuste, constante...

Isobara.

Viaxo e brinco a cada punto illado.

Só eu gardo o peletre que axeita os lances.

Piso, piso, piso, miro.
Piso, piso, piso fóra!

Piso, piso, piso sinto.
Piso, piso, piso fóra!

-Cántas levas?
-O qué?
-Voltas.
-Non as hai , só idas...

Nesta mariola,
acariñan meus dedos as tatuaxes dérmicas da memoria...

Nunha espiral de vida.
Na que non hai volta.         

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar sempre volve

Zapatos sin pies

Marela