Bailadora ribeirana



Ilustración: Autor/a desconocido


Sobre os cantís da ribeira,
gaivota titiriteira,
soña con ser bailadora
cuns zoquiños de madeira.

Brilla sol de pandeireta
alumeándolle o tempo,
de cantareiras as ondas,
aturuxándolle os ventos.

Nos riscos e nos coídos
picar os puntos seguidos,
as súas ás extendidas
para facer ben os xiros.

A Marela dalle pista
nas noitiñas de lueira,
nos muiños de Frexubre
xa se baila a muiñeira!

Bailadora, soñadora,
bailadora ribeirana,
peta cos zocos nas laxes
baila, baila a muiñada.



Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

O mar sempre volve

Zapatos sin pies

Marela