Agardo
![]() |
| Ilustración da autora |
Nos partes diarios da alba.
No intre exacto no que envolves o almorzo.
No eco dos teus pasos na escaleira da casa.
Nos trasegos da vida e mesmo nas voltas de culler nun café que amorna inquedo.
Nos segundos de acordos,
nos minutos que non voian
e nas horas que non contan.
Agardo...
No cheiro salgado das roupas abafadas
das miñas risas illadas.
Nas de todos.
Nas ventanas acesas aos ventos que te traen e te levan
para pegárenseme na pel os salseiros que te bañan.
O frío xa non é un sentir,
ten corpo,
ten cara...
E o horizonte é o semblante que me fala
nas tempestades,
que é onde máis se agarda...
Pero mentres tempo non vén
a "sasón" non pasa...
E a Espera debuxa ronseis coa mirada.
Tras dela debuxo os meus trazos.
E ti,
tamén agardas...

Hermoso
ResponderEliminarGracias Mary😘😘😘
ResponderEliminar