Os brancos ronseis
Noutro tempo unha vila e o mar namoraron.
Ela tiña sorriso vizoso,
el bicábaa con beizos de sal.
Amoríos que deron seu froito
abalando chalanas no colo,
o bulir da xentiña nas rúas
e o cantar mariñeiro do corno.
Vila de pedra e area,
sementando de argazo as leiriñas.
Mar de vento e mareas,
de brancos ronseis as mariñas.
Para todos os que vos sentides froito deste amorío
Ela tiña sorriso vizoso,
el bicábaa con beizos de sal.
Amoríos que deron seu froito
abalando chalanas no colo,
o bulir da xentiña nas rúas
e o cantar mariñeiro do corno.
Vila de pedra e area,
sementando de argazo as leiriñas.
Mar de vento e mareas,
de brancos ronseis as mariñas.
Para todos os que vos sentides froito deste amorío
![]() |
| Laxe, A Coruña. A principios do S. XX |

Comentarios
Publicar un comentario