SARA
![]() |
| Foto e ilustración Abi Castillo |
Nun recuncho do xardín, alí onde nunca ninguén reparara, agromaron. E fixérono coma todas as marabillas que foxen da terra, con moito esforzo e teima. Bebían das augas que antes foran ríos, ou charcas, ou regueiro no camiño, ou simple pinga de resío...Unha, só unha, bebía tamén daquelas que foran espiños e agora querían ser flor.
E medrou.
Nun albor daquel tempo abriuse. Espallou as súas cores coa elegancia da súa raza e abraiou das raiolas, da chuvia, do aire, das cóxegas dos reirei e das bolboretas e de tantas outras marabillas que xunta dela medraran...
Buscou a luz que lle pon nome ás caras e chamouse Sara.
Xa non quixo marchar... Cabilou...Cabilou...Cabilou...
E nun albor daquel tempo volveuse terra nun recuncho do xardín.
Xusto alí, onde nunca ninguén repara.
Adicado á miña avoa Sara que sembrou o seu amor en nós contra ventos e mareas

Comentarios
Publicar un comentario